Detido o encargado dunha tenda de segunda man por vender móbiles roubados
Por Redacción
Axentes da Policía Nacional detiveron ao encargado dunha tenda de segunda man de Pontevedra como presunto autor dun delito de receptación.
Os feitos remóntanse ao pasado día 17 de abril cando unha muller, veciña de Pontevedra denunciou en Comisaría a substracción no seu domicilio dun teléfono móbil e algún diñeiro en efectivo. Os ladróns forzaron a fiestra dunha das habitacións para entrar na casa.
Os investigadores localizaron o móbil, comprobando que a nova usuaria adquiriuno nun establecemento da cidade que non lle emitiu a factura de dita compra. O citado establecemento, que se dedica a compra venda de obxectos usados, carece de libro rexistro como é a obrigación deste tipo de locais. En ningún caso o encargado acreditou ante os axentes as transacciones deste tipo que leva a cabo.
O encargado, un home de 40 anos de idade, veciño de Pontevedra, asegurou aos policías descoñecer quen lle vendeu o citado móbil non constando en ningures documento algún de compravenda.
Ademais os axentes localizaron na tenda outro teléfono móbil que figuraba como substraído en denuncia interposta nesta Comisaría de data 26 de abril, e que lle foi entregado ao seu lexítimo propietario tras ser intervenido.
Por todo iso os policías procederon á detención do encargado do establecemento o día 23 de maio ás 11.45 horas da mañá por un delito de receptación.
Segundo a lexislación vixente os establecementos que se dediquen a compra venda de obxectos usados teñen a obriga de levar un libro rexistro selado en todas as súas follas en dependencias policiais, no que se fagan constar as transaccións correspondentes, así como a data da venda, apelidos, nome e documentación do vendedor, a clase de obxecto o prezo que se lle da etc., requisitos todos eles dos que carece o local que nos ocupa.