Bueu pavimenta o Camiño da Cereixeira
Por Redacción
Esta semana arrancaron as obras de pavimentación do Camiño da Cereixeira, no lugar de A Graña. A actuación conta cun orzamento de 17.091,93 euros e está sendo acometida por parte da empresa Vale con cargo aos remanentes do Plan Concellos 2016 da Deputación de Pontevedra.
Este vial é moi utilizado pola cidadanía e atopábase en moi mal estado de conservación. Os traballos inclúen o desbroce e retirada de vexetación, a pavimentación e a instalación de tapa e marco para arquetas existentes.
Así mesmo, con cargo ao Plan de Mellora de Camiños 2018-2019 da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), remataron as obras de asfaltado no tramo de 250 metros entre Outeiro e As Tafonas. A empresa adxudicataria é Construcciones Fechi cun orzamento de 18.765,04 euros.
Por outra banda, actualmente tamén se están levando a cabo con cargo aos remanentes do Plan Concellos 2016 as obras de asfaltado do camiño de baixada á praia de Area de Bon, en Beluso, e as de creación dun vestiario para homes, que complementará o de mulleres, na nave de deportes náuticos de Pescadoira.