Por que o xardín das Ruínas de San Domingos está ateigado de cogomelos?
Os cogomelos brotaban este domingo polos xardíns da contorna das Ruínas de San Domingos, en pleno centro de Pontevedra, chamando a atención de numerosos curiosos.
Unha vez máis, a asociación micolóxica pontevedresa Brincabois lograba espertar o interese por estes fungos. Integrantes do colectivo ofrecían explicacións aos que preguntaban sobre as distintas variedades que se mostraban sobre a herba.
Con esta actividade, os membros de Brincabois queren promover entre a cidadanía interese polos cogomelos, ademais de aportar detalles sobre as especies que son comestibles para saber diferencialas das tóxicas.
Mostra de cogomelos no xardín das Ruinas de San Domingos
Actividade realizada pola asociación micolóxica Brincabois
© Diego Torrado