Dá positivo por alcoholemia tras accidentarse de madrugada en Cambados
Por Redacción
Un condutor deu positivo por alcoholemia tras protagonizar un accidente de tráfico durante a madrugada deste martes en Cambados.
En concreto o suceso tivo lugar ao redor das 1:00 da madrugada na Avenida da Pastora.
Segundo informaron os servizos de emerxencia, os danos limitáronse ao material. En concreto o coche causou danos nunha varanda de acceso a un pilón e no muro dunha vivenda.
Despregado o dispositivo de seguridade, o condutor foi sometido á proba de alcol, dando positivo e quedando á espera dun xuízo rápido por un presunto delito contra a seguridade do tráfico. Ademais carecía de seguro obrigatorio.
O turismo foi retirado polo guindastre municipal e trasladado ao depósito por orde da Garda Civil de Tráfico.