Sanxenxo licitará o balizamento de 16 praias para este verán por 144.000 euros
Por Redacción
O Concello de Sanxenxo anunciará nos próximos días a convocatoria do concurso para a contratación do servizo de balizamento para este verán de 16 praias do municipio por un importe máximo de 144.454,10 euros, IVE engadido.
Area de Agra, Areas, Panadeira, Silgar, Baltar, Caneliñas, Canelas, Paxariñas, Montalvo, Bascuas, Pragueira, Major, Foxos, Nosa Señora da Lanzada, Areas Gordas y A Lapa serán os arenais que disporán deste servizo que ten a finalidade de preservar a zona de baño doutras actividades que poidan resultar perigosas para os usuarios.
Os interesados en presentar as súas ofertas terán 15 días naturais para entregar a documentación esixida no Rexistro Xeneral de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres e de 9.00 a 13.00 horas os sábados.
O prazo iniciarase ao día seguinte da publicación do anuncio de licitación no Boletín Oficial da Provincia, Diario de Oficial de Galicia e o perfil do contratante recollido na páxina web municipal.