A escultura de Valle Inclán está sen mans nin bastón e agora tamén torcida
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado
A escultura de Valle Inclán non gaña para desgustos. Agora presenta unha rechamante inclinación.
O ilustrador Kiko Da Silva chamou á figura "Valle InclINADO" mesmo houbo a quen lle lembrou a aquel famoso baile de Michael Jackson.
Moitas bromas e ningunha explicación oficial sobre os motivos deste novo incidente que deixou as ancoraxes da talla á vista.
Desde hai xa algún tempo Valle Inclán lucía sen a outra man e o seu bastón. O monumento de bronce foi vítima dunha morea de atropelos e algunha que outra pintada.
Así a imaxe a tamaño natural do literato afástase cada vez máis daquel dandi con bastón e chapeu coa que miles de persoas retrátanse cada ano.