Marín asina o convenio para a renovación urbana do casco vello e do barrio da Banda do Río en Lameira
Por Redacción
A alcaldesa de Marín asinaba este venres o acordo da comisión bilateral relativa á rexeneración e renovación urbana da zona vella e do barrio da Banda do Río en Lameira.
O acordo establece a rehabilitación de 109 vivendas cun investimento de 878.500 euros. Neste convenio asinado por María Ramallo contémplase o custo da reurbanización de 250.000 euros e outros relacionados co custo total do equipo técnico de xestión. O investimento ascende a 1.285.479 euros.
A oficina de axudas á área de rehabilitación atópase situada na Casa do Balcón, desde onde se xestiona toda a parte administrativa e técnica do proxecto que se está executando. A idea é que se implique a veciñanza para mellorar toda esta contorna.
O Ministerio de Fomento, a través da Secretaría Xeral de Vivenda, e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, por parte de la Xunta de Galicia, son as encargadas de afrontar os custos. O Concello non ten que realizar investimentos nesta iniciativa.
A obra deberá finalizarse no prazo máximo de cinco anos. Estes Plans de Investimento que se centran en áreas de rehabilitación ofrecen unha oportunidade aos particulares para que perciban axudas por máis do 50% dos investimentos que pretendan acometer nas súas propiedades.