Difusión Felina interrompe a recollida de gatos abandonados ata que reduza os que ten en acollida
Por Redacción
A asociación pontevedresa 'Difusión Felina' encóntrase "dende hai meses" nunha situación "desesperante" e "moi alarmante" polo incremento de abandonos de gatos na cidade, de modo "víronse obrigados a pechar por completo a recollida" de animais ata que aumente o número de adopcións e o número de gatos en acollida se reduza.
Segundo indican, no que vai de mes de maio recolleron máis de vinte gatos abandonados, dos cales máis da metade foron abandonados polos seus propios donos. Os casos son moi variados, dende recén nacidos tirados en colectores a animais abandonados en caixas diante de tendas e entidades colaboradoras, femias a punto de parir ou gatos abandonados no medio do monte.
Como exemplo deste colapso indican que o domingo a entidade recibiu máis de dez chamadas para que actuase en diferentes puntos da cidade para rescatar gatos, pero non puideron responder a todas, senón só a "os casos máis urxentes" como os abandonos en colectores ou os animais vítimas de atropelo.
A situación "desesperante" vese acentuada pola existencia de só oito casas de acollida fronte a unha lista de máis de 40 gatos en adopción, que chegaron a Difusión Felina sendo bebes e que crecen nas casas de acollida "debido ao número tan baixo de adopcións que temos neste momento". En maio recolleron 20 e logrado adopción para catro.
Tras anunciar o peche da recollida de gatos dende ao entidade piden "a todos os cidadáns que nos entendan" e explican que "ao carecer de refuxio, é moito máis complicado poder recolocar un gato no momento da súa recollida, a non ser que sexa un caso urxente". Ademais, piden colaboración cidadá para que "non esixan a recollida dos animais de inmediato" e aclara que non raeliza recollidas a particulares, sen só a animais abandonados.