Caixa Rural Galega abre a súa primeira oficina en Pontevedra
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Tras máis de medio século de actividade, Caixa Rural Galega desembarca en Pontevedra. Faino en plena Praza de España, con acceso tamén desde a avenida de Santa María, no local que hai anos ocupaba a coñecida cafetería Gloria.
Á inauguración da oficina asistiron, entre outros, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda; o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores; e numerosas personalidades da vida social, política e económica da cidade.
A entidade, que comezou sendo unha cooperativa de crédito dirixida a gandeiros e agricultores de Lugo, conta con máis de 15.000 socios e ofrece os seus servizos a uns 60.000 clientes. Ten unha rede de 47 oficinas por toda Galicia, máis de 150 empregados e depósitos por un importe de 770 millóns de euros.
Para Caixa Rural Galega, segundo destacaron os seus responsables, a nova oficina de Pontevedra supón "cumprir unha débeda" coa cidade e permitirá reforzar a súa presenza nunha área territorial "con moita actividade e dinamismo".
O presidente desta cooperativa de crédito, Manuel Varela, destacou que Caixa Rural Galega chega a Pontevedra con vocación de permanencia.
A sucursal de Pontevedra terá, inicialmente, tres empregados e contará con caixeiro automático. A súa actividade estará enfocada a particulares e profesionais, xunto con pequenas e medianas empresas.
Caixa Rural desembarca en Pontevedra
Tras máis de medio século de actividade, Caixa Rural Galega desembarca en Pontevedra. Faino en plena Praza de España, con acceso tamén desde a avenida de Santa María, no local que hai anos ocupaba a coñecida cafetería Gloria
© Mónica Patxot