Rouba nun hotel, é detido, sae en liberdade e vólveno 'cachar' furtando
Por Redacción
Axentes da Policía Nacional detiveron un individuo de 33 anos de idade, veciño de Pontevedra, con antecedentes policiais, como presunto autor dun delito de roubo con forza nun establecemento da cidade.
Segundo informaron fontes oficiais da Comisaría de Pontevedra os feitos sucederon na mañá do día 19 de outubro cando un individuo tras acceder a un establecemento hoteleiro da cidade forzou a caixa rexistradora cunhas tesoiras momento no que foi sorprendido por un traballador do establecemento.
Ao lugar dirixiuse inmediatamente unha patrulla da policía nacional que identificou e detivo o presunto autor da subtracción de 30 euros da caixa.
Os axentes detivérono por un delito de roubo con forza e trasladárono a dependencias policiais.
Ese mesmo día de madrugada xa, foi sorprendido novamente polos axentes manipulando as fechadura dalgúns vehículos estacionados e subtraendo un teléfono móbil que foi recuperado polos axentes e entregado ao seu lexítimo propietario ademais dunha chaqueta que levaba posta nese momento.