A primeira promoción de residentes dende que o Hospital é universitario despídese de Pontevedra

Por Redacción

© Xerencia de xestión integrada

© Xerencia de xestión integrada

© Xerencia de xestión integrada
O xerente dos hospitais públicos de Pontevedra, José Manuel González, despediuse dos 30 mozos especialistas que estiveron a formarse durante os últimos meses nos centros de saúde e nos hospitais do Salnés e de Pontevedra. Trátase da primeira formación que conclúe este período formativo dende que estes centros pasaron a ser universitarios converténdose nos sétimos que en Galicia adquiriron este nivel.
Durante un acto que se desenvolveu no Hospital Montecelo, tamén estiveron os 29 especialistas que se incorporan agora como residentes. O xerente José Manuel González destacou que a certificación universitaria supón vantaxes tanto para os profesionais coma para os residentes en formación, os alumnos de Medicina e os pacientes porque "a acreditación universitaria nos obriga a manter uns estándares de calidade, non plano organizativo e asistencial, que van repercutir non seu directo beneficio". A Xerencia de Xestión integrada de Pontevedra e O Salnés conta con acreditacións docentes para formar matronas, especialistas en medicina familiar e en 20 especialidades hospitalarias.
Actualmente, nos hospitais e centros de saúde de Pontevedra e Salnés estanse a formar un total de 121 residentes, 44 en medicina familiar, 73 nas diversas especialidades hospitalarias e 4 matronas.
O acto rematou cunha conferencia maxistral sobre "Resultados e retos do transplante de medula ósea para linfomas", a cargo do oncólogo Yago Nieto, do departamento de Transplante de Medula ÿsea do M.D. Anderson Cancer Center (Houston. Texas).