Alarma nocturna por un incendio no cartel luminoso do hotel Virgen del Camino
Por Redacción
Efectivos do Corpo de Bombeiros de Pontevedra acudiron sobre as 22.20 horas deste luns á rúa Virgen del Camino para responder a un incidente que xerou unha grande alarma en horario nocturno na cidade, o incendio dun cartel luminoso.
Por motivos que se descoñecen, pero que todo indica que poderían estar relacionados cun curtocircuíto, produciuse un estalido no cartel luminoso situado na fachada do hotel Virgen del Camino.
O estalido derivou nun incendio e queimáronse tres das letras do cartel. Cando chegaron ao punto, os bombeiros sufocaron as chamas e retiraron as letras.
Poucos minutos antes, sobre as 22.00 horas, a mesma dotación dos bombeiros pontevedreses tivo que acudir á rúa Arquitecto da Sota tras recibir unha alarma por un explosión na caldeira situada no soto dunha vivenda.