Un condutor atropela un can en Poio e dáse á fuga
Por Redacción
A últimas horas da xornada deste sábado, un vehículo atropelaba un can de raza Pincher, na avenida de San Xoán, no municipio de Poio. O vehículo non se detivo e deuse á fuga.
Os axentes da Policía Local de Poio, alertados polos veciños, achegáronse ata o lugar e comprobaron que o animal tiña unha pata rota. Abrigárono porque se atopaba tremendo e lograron localizar, a través do dispositivo chip, ao propietario a quen se lle fixo entrega da súa mascota.
Os axentes non lograron detectar o condutor debido a que non había testemuñas presenciais no momento do atropelo nin cren que se puideran producir danos no vehículo para identificarlo.
En todo caso, afirman desde a Policía Local de Poio que nestes supostos, os condutores deben avisar aos servizos de emerxencias para que atendan ao animal e evitar que poida quedar na calzada provocando un accidente de tráfico de maiores consecuencias.