Deteñen un pontevedrés que fuxiu da policía por non ter nin permiso nin seguro e conducir unha moto sen ITV
Por Redacción
Fuxiu a toda velocidade da policía, estivo a piques de provocar un accidente, non tiña permiso de conducir e portaba hachís nos seus petos. ÿ un resumo das peripecias que protagonizou, segundo a Policía Nacional, un motorista pontevedrés de 21 anos que foi detido este sábado por unha patrulla do corpo. Ao mozo, que ten antecedentes policiais, impútaselle un delito contra a seguridade do tráfico.
Os feitos sucederon sobre as 17.50 horas do día 18 de maio, cando durante unha patrulla rutineira polas inmediacións da parroquia de Mourente os axentes observaron a varios mozos con ciclomotores pola zona.
Un deles ao decatarse da presenza policial saíu fuxindo do lugar a gran velocidade. Iniciouse entón unha persecución na que o mozo accedeu á estrada de Ourense sen efectuar un stop, poñendo en grave perigo a circulación e provocando que un vehículo que circulaba por esa vía tivese que frear de xeito brusco.
Os axentes lograron interceptar ao ciclomotor á altura de Hierros Touriño, onde procederon á identificación do condutor e comprobaron que carecía da correspondente licenza de conducir, non tiña seguro obligatorio e nunca pasara a ITV. Por todo iso, detívoselle por un delito contra a seguridade do tráfico.
Ademais, no cacheo preventivo que lle realizaron os axentes intervéuselle un anaco de haxix que portaba nun peto do pantalón, polo que se levantou a correspondente acta por infracción que foi remitida á Subdelegación do Goberno.