A Xunta inicia o cambio das pantallas acústicas no inicio da Variante de Marín
Por Redacción
A Consellería de Infraestruturas iniciará este luns 8 de outubro os traballos de reposición das pantallas acústicas no tramo inicial da Variante de Marín (VG-4.4) ao seu paso por Lourizán.
A actuación céntrase no coñecido como Viaduto da Igrexa, nunha zona que coincide con tres vivendas situadas baixo a ponte, co obxectivo de incrementar a atenuación do ruído derivado do tráfico e do vento.
Antes de acometer o cambio, realizouse un estudio sobre as necesidades do apantallamiento acústico, axustándose aos tráficos actuais e a situación das vivendas.
As obras consisten no desmonte dos perfís metálicos e das placas de ancoraxe existentes, e na instalación de tres tramos de pantalla antiruído, de 1 metro de alto e unha lonxitude que oscila segundo o treito, entre os 27,5 e os 35 metros.
Nesta actuación a Xunta de Galicia investirá 48.000 euros, cuns traballos que terán un prazo de execución aproximado dun mes.