O PP denuncia que un forte cheiro a ouriños e suciedade inutiliza o lavadoiro do Vao
Por Redacción
O PP de Poio fixo pública este xoves a denuncia dos veciños da contorna da zona do Vao sobre o estado de abandono do lavadoiro, situado na confluencia entre a avenida principal e a rúa do Vao.
Segundo denuncian, ten as marxes e a pía de auga cheos de residuos de todo tipo que fan o seu uso imposible para a xente da zona e, ademais, ten un forte cheiro a ouriños e moita suciedade.
Esta situación, segundo os veciños, débese ao uso por parte de persoas residentes no poboado "como área de esparecemento e para facer as súas necesidades".
A concelleira do PP Rocío Cochón anunciou que levará o asunto á comisión municipal de urbanismo da próxima semana e denunciou que "esta é a realidade coa que teñen que convivir os veciños do Vao: inseguridade, suciedade e un abandono total por parte do concello desde hai anos".