Tres persoas feridas nunha colisión entre cinco vehículos en Marín
Por Redacción
Tres persoas resultaron feridas este martes e tiveron que ser trasladadas a centros hospitalarios a causa dunha colisión múltiple na que se viron implicados cinco vehículos no concello de Marín.
Segundo informou o Centro de Atención de Emerxencias de Galicia CAE 112, o accidente rexistrouse pouco antes do mediodía en Marín.
Tras recibir a alerta dunha persoa particular que contactou co 112 para informar da situación e pedir asistencia médica para os feridos, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia avisou aos profesionais sanitarios e os axentes da Policía Local.
Finalmente, foron os axentes quen confirmaron que un total de tres persoas necesitaron atención médica e foron evacuados ao centro hospitalario de referencia.