ÿltimo paso para a reforma integral da Confraría do Grove
Por Redacción
A Deputación Provincial de Pontevedra prevé adxudicar na vindeira Xunta de Goberno a reforma integral da Confraría de Pescadores de O Grove cun investimento de 300.000 euros.
A reforma será do exterior e do interior do edificio e potenciará a funcionalidade, operatividade e comodidade das dependencias. O presidente da Deputación, Rafael Louzán, destaca que "contribuirán a embelecer a fachada marítima de O Grove xa que se trata dun edificio singular da vila".
A obras serán financiadas entre a institución provincial e a confraría meca no que aportará o 70% a primeira e o 30% a segunda. Os traballos serán similares as xa efectuadas pola Deputación na Casa do Pescador de Vilanova, na confraría de Cambados ou na de A Illa de Arousa.
A institución provincial tamén prevé adxudicar a vindeira semana as obras de remodelación das instalacións deportivas de Monte da Vila, que sairon a concurso cun orzamento de licitación de 379.744 euros e permitirán mellorar o campo de fútbol, dotándoo das condicións idóneas para a práctica deportiva.
Os traballos consistirán en renovar o terreo de xogo e acometer as actuacións previas precisas para dotalo das axeitadas pendentes transversais que permitan un correcto desaloxo das augas pluviais. Instalaranse un total de 6.968 metros cadrados de céspede artificial de última xeración, un campo de fútbol 11 de 100 x 63, e dous campos de fútbol 7 de 63x 45.