Tiroteo e persecución entre dous coches polo centro de Vilagarcía
Por Redacción
Segundo relataron numerosos viandantes sobre ás 20:45 horas, dous vehículos con matrícula portuguesa que circulaban pola avenida Rosalía de Castro iniciaron un tiroteo intercambiando disparos entre eles.
Axentes da Policía Nacional e da Local iniciaron unha persecución a gran velocidade en dirección a Carril, pero segundo fontes oficiais a súa pista pérdese en Catoira.
A Garda Civil sumouse ao operativo sen que polo momento transcendera máis datos oficiais.
(Haberá ampliación)