Ferida unha muller de 77 anos nun atropelo en Cambados
Por Oskar Viéitez
Unha muller de 77 anos de idade foi atropelada en Cambados. Segundo informaron desde a agrupación local de Protección Civil, a vítima J.C.M. é veciña desta vila.
O accidente tivo lugar ás 9.17 horas no cruzamento entre as avenidas de Vilagarcía e A Coruña.
Estas mesmas fontes apuntaron que a muller sufriu un golpe na cabeza sen perda de coñecemento e presentaba feridas diversas ocasionadas ao caer ao asfalto.
Foi trasladada ao Hospital do Salnés nunha ambulancia do 061.