AGE suxire que a Xunta ampara a "corrupción" na Cámara de Comercio de Pontevedra
Por Redacción
"Ao mellor comparten con vostedes as contas en Brasil". Así concluía la intervención da deputada Chelo Martínez, de Alternativa Galega de Esquerdas, sobre o "amparo" da Xunta de Galicia á "corrupción" na Cámara de Comercio de Pontevedra. O destinatario de esas palabras era o conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde. No Parlamento preguntáballe "onde está a fiscalización do seu departamento nas subvencións e axudas da Cámara e o seu seguimento á utilización do diñeiro público".
Tras reiterar que "se están saltando a lei", na súa pregunta a deputada de AGE foi enumerando unha serie de documentación "que tamén ten vostede", díxolle ao conselleiro. Por exemplo, un correo electrónico de novembro de 2009 no que a secretaria da Cámara lle dicía a un colaborador "hay que inventar otra factura de 12.000 euros para el Xacobeo", facturas rectificadas pola organización de Ferpalia e Pomovil ou informes do Consello de Contas.
Ademais Chelo Martínez recordou algún dos procesos xudiciais nos que está envolta a institución como "unha denuncia por cobro indebido de axudas públicas por parte dunha empresa con domicilio en Brasil e que cobraba nunca conta bancaria do marido da secretaria", ou os procedementos abertos por tráfico de influencias, obstrución á xustiza, coacción e ameazas aos traballadores despedidos.
Con respecto a eles, a deputada preguntoulle tamén ao conselleiro se a Xunta "prestará apoio" aos traballadores que denuncian irregularidades "ou se permitirá a represión". E criticou que o goberno galego deixe todo nas mans da xustiza, porque se é así "que nos dirixa a xustiza porque vostedes están aquí para nada, só para seguir apoiando aos que están roubando cartos públicos e o utilizan para o seu beneficio persoal".
A XUNTA, DI FRANCISCO CONDE, ESTA TRABALLANDO "CO MAXIMO RIGOR"
Ante estas acusacións, o conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, salientou que a Xunta de Galicia está cumprir a súa misión como administración tutelante da Cámara de Pontevedra, "traballando co máximo rigor".
Así, no tocante ás irregularidades denunciadas polos traballadores no ámbito administrativo, asegurou que en canto se tivo coñecemento da denuncia "se iniciaron de xeito inmediato os trámites ao alcance da administración para esclarecer os feitos relativos a cuestións de competencia autonómica".
Aseguro que procedeuse a informar ao Consello de Contas e á Asesoría Xurídica Xeral da Xunta para que estes departamentos analizasen os feitos denunciados, que foron trasladados tamén á Intervención Xeral da Xunta como órgano competente para exercitar o control financeiro das subvencións. O conselleiro informou tamén de que a Xunta continúa coa tramitación do expediente.
Con respecto ás actuacións que se están levando a cabo no eido xudicial, Conde recordou que a administración non pode interferir e está amosando "unha absoluta colaboración, como non pode ser doutro xeito". "A Xunta só pode exercer sobre as Cámaras unha tutela de legalidade, limitada aos casos concretos recollidos na lei", manifestou.