A Festa do Marisco do Grove realizará unha presentación nacional en Sevilla
Por Redacción
A cidade andaluza de Sevilla será escenario da presentación nacional da Festa do Marisco do Grove.
Do mesmo xeito que nos últimos anos o Concello organiza unha presentación do evento a nivel internacional, que se levou a cabo en Dublin en xuño, e outra a nivel nacional.
Trátase dun evento dirixido a xornalistas, especialistas en turismo e prescritores que permite dar unha maior proxección ao evento, declarado de Interese Turístico Nacional.
A citada presentación desenvolverase o día 14 de setembro en colaboración da cadea hostaleira Eurostars.
A LV edición da Festa do Marisco do Grove celebrarase entre os días 4 e 14 de outubro.