VÍDEO.- A explosión dunha motoserra fere un traballador e provoca un incendio forestal en Sanxenxo
Por Oskar Viéitez
Un traballador dunha empresa forestal resultou ferido nun accidente laboral despois de que explotase a motoserra que manipulaba.
Segundo comunicaron dende o Concello de Sanxenxo, o home foi trasladado en ambulancia ao Campo de fútbol de Baltar onde o recolleu un helicóptero do 112 para ser atendido no Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo, da Coruña.
O suceso tivo lugar sobre as seis da tarde deste venres en Monte Faro, nunha zona moi próxima á Autovía do Salnés.
Como consecuencia da explosión da motoserra iniciouse un incendio forestal ao que acudiron os servizos de Emerxencias Sanxenxo, seis brigadas, tres motobombas, dous axentes forestais e tres helicópteros, informou a Xunta. Ademais da Garda Civil, e as Policías autonómica e local.
A autovía foi cortada puntualmente para que un helicóptero que trasladaba a máis brigadistas puidese aterrar.
O lume afectou a unha superficie de 1,9 hectáreas de monte, segundo informou o Concello.