Catro detidos e seis identificados como autores de delitos, balance do dispositivo especial da Policía Nacional durante as festas
Por Redacción
O dispositivo especifico de prevención da seguridade posto en marcha pola Policía Nacional de Pontevedra durante as xornadas de penas e as festas da Peregrina deixou un balance de cuatrro persoas detidas e outras seis identificadas como presuntos autores de delitos leves, ademais de controis masivos do Grupo Operativo de Resposta (GOR) nos que identificaron a 600 persoas e controlaron 150 vehículos.
Segundo o balace da Policía Nacional, entre os seis identificados como presuntos autores de delitos leves había dous polo furto de bicicletas, dous por danos en vehículos e outros dous por deslucimiento de bens inmobles. Entre os catro detidos destaca que houbo un por un delito contra a saúde pública tras ser sorprendido cando vendía 2,2 gramos de haxix.
O dispositivo de prevención desenvolveuse entre os días 11 e 19 de agosto e non rexistrou incidencias relevantes, pero si gran afluencia de público.
Durante os controis do GOR, levantáronse dúas actas por infracción relativas a tenencia e posesión de substancias estupefacientes, dúas actas por infracción relativas á tenencia e porte armas, un acta relativa a desobediencia a axentes da autoridade e tres sanciones por infraccións contra a Lei de Seguridade Viaria.
Ademais, foron realizados dous auxilios humanitarios e procedeuse ao reintegro de dúas persoas desaparecidas.