Polémica porque o PAC de Baltar queda cun só médico en pleno período estival
Por Redacción
O Punto de Atención Continuada (PAC) de Urxencias de Baltar, en Portonovo (Sanxenxo), queda desde este mércores 8 cun só médico operativo, que manterá un horario desde as 08.00 ata as 15.00 horas, según denuncian desde Somos EnMarea Sanxenxo. Apuntan que esta situación se produce en pleno período estival e que, como consecuencia, se incremente a carga dos médicos de familia e as saídas domiciliarias.
A agrupación política cualifica de "inaceptable" a situación ao quedar os pacientes desatendidos cando se rexistra unha urxencia na que se require a presenza dun médico en domicilio ou en ambulancia non medicalizada, circunstancia que se produce tanto no verán como no inverno, segundo denuncian. Sinalan que na área de pediatría cando unha das facultativas auséntase, o servizo satúrase.
Indican que o incremento da dotación de persoal no verán é insuficiente, sobre todo no PAC, porque a poboación aumenta de maneira notable na vila turística. Afirman que esta situación fai insoportable a carga de traballo para o persoal.
Somos EnMarea Sanxenxo reclama ao grupo de goberno do Concello de Sanxenxo que reclame solucións.
RESPOSTA DA RESPONSABLES DA ÁREA SANITARIA
A responsables da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés afirman que a cobertura asistencial do PAC de Baltar en Sanxenxo atópase garantida ao contar cos mesmos efectivos que noutras campañas estivais.
Recalcan que o PAC conta cun médico e unha enfermeira, que se reforza con outro facultativo e outro profesional de enfermería durante este período. Ademais, sinalan que hai dispoñibilidade de profesionais de garda permanente na base da Ambulancia Medicalizada do 061 neste centro de salu durante todo o verán.