San Vicente do Grove, dez anos de compromiso coa tradición na Festa da Malla
Por Redacción
San Vicente do Grove celebrará este domingo 5 de agosto a décima edición da Festa da Malla e, para celebrar a súa primeira década de existencia, preparouse unha edición especial.
Os promotores, O Quinteriro de Temperán, Roza do Pedrol, a Asociación Lobisome e o Concello do Grove, decidiron que a edición deste 2018 referende o compromiso coa tradición e esta romaría mostre a súa mellor cara.
A celebración prolongarase durante toda a xornada na horta da igrexa de San Vicente. Empezará ás 10.30 horas da mañá e durará ata ben entrada a noite.
A Festa da Malla escenifica diferentes tradicións agrarias, como o arado de bois, a malla de centeo ou o amasado e a fornada do pan. Ademais, no recinto haberá postos de comidas e bebidas, música tradicional en vivo, actividades lúdicas e recreativas, magos, artesáns, xogos tradicionais, competicións e demostracións de oficios.
Ademais dunha completa programación, a festa tamén ofrece aos participantes espazos de descanso con cadeiras, bancos e mesas.
A entrada é completamente libre, aínda que a organización aconsella reservar mesa con antelación na posto información que estará no recinto festivo.