1.551 quilos de comida solidaria recollida na campaña "Unha nota, un alimento"
Por Redacción
De éxito hai que cualificar a campaña que desenvolveu o Conservatorio Profesional de Música de Vilagarcía durante a última quincena do mes de abril con recollida de 1.551 quilos de alimentos que foron doados a Cáritas.
A campaña realizouse en colaboración con cinco supermercados do municipio, entre eles os establecementos de Froiz e HíperFroiz de Vilagarcía que foron os que obtiveron unha maior cantidade con máis de 383 e 377 quilos respectivamente, e serviu para dar a coñecer aos veciños da vila a calidade das actividades que se desenvolven no Conservatorio por parte de profesores e alumnos.
Os mini concertos desenvolvidos nos supermercados complementáronse cun acto de clausura que se desenvolveu na Praza de Galicia cun concerto das orquestras do Conservatorio.