O movemento 15-M en Pontevedra perde forza
Por Redacción
Cúmprense dous anos do nacemento do movemento cidadán de protesta do 15-M. ÿ posible que hoxe en día haxa máis causas que nunca para que ese movemento continúe indignándose pero en Pontevedra poucos parecen acordarse desas causas. Poucos acudiron á convocatoria da plataforma pontevedresa que intentaba conmemorar ese segundo aniversario mantendo a mesma idea inicial: "isto non é unha crise, é un sistema, e temos que cambialo".
A cita contou cunha comida popular na alameda, unha homenaxe a José Luis Sampedro, unha asemblea cidadá con micro aberto aos participantes e un berro mudo. E os actos celebráronse como estaba previsto pero con escasa presenza de participantes. "A xente preferíu marchar á praia", alegaba con resignación un dos organizadores.
Na Alameda si se deron cita algúns representantes de organizacións, Antón Masa de APDR, José Luis Vidal Laiño de la Asociación Río Lérez e Xoán Hermida del Coordinador Nacional de Espacio EcoSocialista Galego. E todos os participantes coincidiron na crítica ao sistema político e económico establecido e confían en que no terceiro aniversario o movemento volva despuntar.