Pechados contra os recortes
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Os alumnos de Belas Artes e de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Pontevedra iniciaron un peche na Facultade dentro dos actos contra a reforma educativa e a política de recortes orzamentais.
Unha das representantes dos estudantes, Laura Vázquez, afirmaba que os recortes están a reducir o profesorado e que non hai docentes especializados coa conseguinte perda do nivel educativo. Os alumnos din que "matricularse é un luxo" e que cada vez son máis os que teñen que traballar para poder pagarse os seus estudos.
Ás nove e media desta noite lerán un manifesto na porta do centro e despois comezarán un peche no interior do edificio "durante toda a noite, agás que nos veñen a expulsar" di Laura Vázquez
Agardan que máis de cincuenta estudantes secunden este peche.