A Deputación financia na Lama un muro de contención e o ensanche do camiño en Sucastro
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra vén de aprobar, mediante resolución presidencial, un novo investimento no concello de A Lama ao abeiro da liña 1 do Plan de Concellos 2018. Trátase esta vez dunha axuda de 34.307,08 euros para un muro de contención e ensanche do camiño en Sucastro.
Ademais destas cantidades, o Plan Concellos xa adxudicou anteriormente varias axudas para o municipio pontevedrés. En concreto, 45.245,76 euros na liña 2 para o financiamento da Semana Cultural 2018, para a celebración do entroido e para a Festa do Codillo.
Outros 72.193,80 euros foron destinados á contratación de 13 traballadores que están a desempeñar funcións no municipio, dentro da liña 3 do Plan de Concellos 2018.
Ata este momento, o Plan Concellos 2018 xa entregou 151.746,64 euros do total destinado á Lama, isto é, o 18,63%.