Rescatado un home que caeu por un barranco cando realizaba a Ruta da Pedra e da Auga
Por Oskar Viéitez
Un home caeu por un barranco cando realizada a ruta da Pedra e da auga, no concello de Meis.
Os feitos ocorreron ás 14:00 horas da tarde deste sábado, tal e como indicou a persoa que chamou ao 112 Galicia para pedir axuda.
Así, desde o 112, pediuse a colaboración dos Bombeiros de Ribadumia debido a que o ferido se atopaba nun barranco cunha posible fractura de perna.
Deste xeito, os efectivos dos bombeiros rescataron á persoa e trasladárona ao momento no que esperaba unha ambulancia das 061-Urxencias Sanitarias para o seu traslado ao centro hospitalario de referencia.