Marín recupera o caballete restaurado do pintor Manuel Torres
Por Redacción
O caballete resturado do pintor Manuel Torres volveu ao Concello de Marín que o depositou no museo do pintor de maneira que poida ser gozado novamente polos veciños e visitantes.
O ano pasado, o Concello de Marín recibiu a doazón do caballete e decidiuse o seu traslado a Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.
Alí comezaron o tratamento, e na primeira inspección realizada detectouse un ataque de xilófagos activo, o que retardaba inevitablemente a intervención, por parte dos alumnos de segundo curso .
Despois da desinsección e a consolidación estrutural, os alumnos abordaron a limpeza do caballete do pintor.
O procedemento na Escola Superior resulta máis lento que se o realizase unha empresa, xa que o traballo dos alumnos forma parte da súa formación.