Reorganización no goberno provincial coa marcha de David Regades
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O goberno da Deputación de Pontevedra foi obxecto de reorganización tras a marcha do deputado David Regades, novo delegado da Zona Franca de Vigo.
Aínda que oficialmente Regades continuará como deputado ata o próximo pleno, cando se oficialice a súa renuncia, a presidenta provincial, Carmela Silva, confirmou como se redistribuirá o traballo dentro do seu equipo de goberno.
O concelleiro vigués Ángel Rivas asumirá o acta de deputado, ao ser o seguinte na lista, pero esta circunstancia non se producirá oficialmente ata o mes de setembro debido á tramitación necesaria.
Por iso mentres iso sucede será Carlos López Font o que asuma a área de Cooperación, que ata agora dirixía David Regades.
Debido a iso deberá delegar outras das súas áreas noutros compañeiros, polo que Santos Héctor asumirá Tesourería e o ORAL e Digna Rivas fará o propio con Arquitectura e Servizo de Asistencia Técnica a Municipios.