O PP, á procura dun local para as asociacións culturais e veciñais de Monte Porreiro
Por Redacción
O grupo municipal do PP en Pontevedra ven de anunciar que xestionará a través do Concello a posible habilitación dun local en Monte Porreiro para dar servizo ás distintas asociacións que funcionan desde esta urbanización.
A iniciativa xurdiu a raíz dun encontro mantido entre o voceiro 'popular', Jacobo Moreira, e a concelleira María José Rodríguez con representantes da coñecida comparsa do Entroido 'Las Flores del Carnaval'.
As responsables desa entidade social e cultural, con más de sesenta integrantes, explicaron que levan xa catro anos desenvolvendo ás súas actividades e non contan cun sitio onde reunirse, ensaiar ou gardar o seu abundante material. Habitualmente realizan os seus encontros na igrexa de Monte Porreiro ou na residencia dalgún dos seus asociados.
Moreira e Rodríguez comprometéronse a iniciar contactos con outras asociacións culturais, veciñais ou doutro tipo con sede social nesta urbanización para coñecer e avaliar as necesidades de habilitación dun local que lles dea servizo. O PP trasladaría despois ao propio Concello de Pontevedra as opcións existentes.