Marín recicla, reutiliza e regala
Por Diego Torrado
A Alameda Rosalía de Castro acolleu este domingo a XIII Feira de Marín 3R. Este mercado solidario estivo organizado pola Asociación de Mulleres O Abeiro por séptimo ano consecutivo, acadando o número de postos máis elevado nesta edición, cun total de 60 postos surtidos e variados, desde bisutería, roupa, calzado, xoguetes, mobles recuperados, antigüedades, da ong AMENAC, da AECC de Marín ou mesmo dunha protectora de animais.
O mercadillo contou coa colaboración do Centro Cultural Céltica, que fixo pintura en vivo, exposición e mostra de óleos e aula de guitarra na mesma rúa.
A sesión vermut estivo amenizada polo grupo de gaitas Os de Marín.
Ademáis o posto organizador, O Abeiro, obsequiou ás persoas que máis colaboraron solidariamente en beneficio das 3R, recicla, reutiliza e regala, facendo entrega das bolsas de tela recicladas, patrocinadas polo Concello de Marín.
As abeiranas agradeceron ao Concello e de maneira especial á concelleira Marián Sanmartín polo seu apoio e queren conseguir con ese obsequio das bolsas de tela que a xente se conciencie no uso das bolsas reutilizables e non usen bolsas de plástico que os supermercados cobrarán a partir do 1 de xullo.