Os menores con necesidades de apoio contarán con animadores especializados en Sanxenxo durante este verán
Por Redacción
As concellerías de Servizos Sociais, Educación e Deportes de Sanxenxo chegaron a un acordo coa asociación Neen@ s para atender a aqueles menores con necesidades específicas de apoio que queiran participar nas actividades que o Concello poñerá en marcha durante este verán.
Desta forma, tres monitores especializados atenderán a aqueles nenos que precisen deste apoio nos programas de actividades Obradoiros na Rúa e Campus Polideportivo. O programa Paifillon@i, que xa pechou a matrícula, non conta con usuarios que demandasen este servizo.
A concelleira de Servizos Sociais, Silvia Freire, afirma que a intención desta iniciativa é traballar en defensa da inclusión. A idea da asociación Neen@ s é que se realice unha proposta conxunta entre administración e familias para establecer pautas de conduta que permitan desenvolver outras actividades con estas características.
O Concello de Sanxenxo inviste 8.000 euros neste servizo. Aquelas familias interesadas en inscribir aos seus fillos nestes programas e precisen de atención especializada deberán solicitalo por escrito no Pazo Emilia Pardo Bazán especificando o diagnóstico do menor.