Atopar o erro no comercio local, ten premio
Por Redacción
Tres palabras en galego. Unha delas ten unha falta de ortografía. Se a atopas, optarás a un premio. ÿ a sinxela mecánica da terceira edición do concurso Atopa o erro, que organizan o Concello de Pontevedra e o Centro Comercial Urbano Zona Monumental. Vintecinco comercios do Centro Histórico súmanse a una iniciativa que pretende animar aos clientes a facer as súas compras na zona vella da cidade.
ÿ unha das iniciativas que se inclúen na programación de Maio, mes da lingua. Neste caso, repartíronse unha serie de dípticos pola cidade. Para participar no concurso hai que atopar a palabra trabucada o mal escrita entre aquelas que se mostran en cada un dos comercios. Tras anotala no díptico hai que indicar tamén a súa forma correcta e o nome do establecemento onde se atopa.
Para poder optar aos premios hai que atopar un mínimo de vinte palabras incorrectas. Os nomes dos gañadores, un na categoría de menos de 18 anos e outro na de maiores de 18 anos, elixiranse por sorteo. Recibirán unha bicicleta e un circuíto de spa para dúas persoas, respectivamente.
Os vintecinco comercios que participan neste concurso son: Ferretería Gallega, Olalla, Farmacia Esteban, Droguería Moderna, Mercaplaza, A moda d'abaixo, Xoiería Pilar Álvarez, Borona, Farmacia Herreros, Bioco, Froitas Rosales, Mercería O Arco, Xoeiría Quique, Almacéns Clarita Hogar, Almacéns Clarita Muller, Almacéns Clarita Tecidos, Librería El Pueblo, Capri, Ferretería Varela, Almacéns Rodiño Escudero, M. Barcia, Ernesto Filgueira, Ernesto Filgueira Muller e Curtidos Queiro.