Asinado o convenio colectivo de Quirónsalud Miguel Domínguez
Por Oskar Viéitez
Despois dun longo proceso de negociación, este mércores 6 de xuño, asinouse o convenio colectivo de Quirónsalud Miguel Domínguez de Pontevedra.
O comité de empresa sinalou que a negociación foi moi transparente, con múltiples asembleas informativas e de consulta, e que os traballadores referendaron a súa firma co apoio do 94%.
A modo de resumo a vixencia do novo convenio será de catro anos, con cláusula de ultractividade, da que o anterior carecía. A xornada laboral reduciuse en 25 horas anuais e increméntanse de 4 a 5 os días de libre disposición.
Ademais haberá un incremento retributivo en catro anos do 9%, distribuído en, 1,25% (2017), 2% (2018), 2,75% (2019) e 3% (2020) e aumentáronse os pluses de transporte a doce meses e de toxicidade ao persoal de tres novos servizos.
O novo convenio establece un artigo da carreira profesional, que se comezase a aplicar o 31 de decembro de 2018, que supón un incremento retributivo, a maiores das porcentaxes pactadas.
Tamén se ampliaron e melloraron o capítulo de excedencias, o permiso non retribuído de 7 días a un mes, o permiso de lactación de 24 a 26 días
O comité de empresa valora este convenio colectivo de maneira positiva.