Atropelo a unha muller de avanzada idade en Portonovo
Por Redacción
O servizo de urxencias 112 informou dun atropelo rexistrado ás once da mañá deste luns en Sanxenxo.
A vítima foi unha muller de avanzada idade que sufriu feridas de diversa consideración. Foi trasladada a un centro hospitalario.
Concretamente o suceso produciuse no paso de cebra da rúa Rafael Picó na rotonda da praia de Baltar en Portonovo.
Un particular foi o que alertó do atropelo. Mobilizando o 112 aos servizos de urxencias, a Policía Local e Protección Civil de Sanxenxo.