A Montero Ríos médranlle as margaridas
Por Redacción
Azaleas en cores fucsia e branco, margariteiros amarelos e plumeiros azuis nun contorno de buxos de cores verdes e grises. O Departamento de Parques e Xardíns que dirixe a concelleira Anxos Riveiro está a acometer nestes días a mellora das xardineiras da avenida de Montero Ríos, situadas no noiro da Alameda para que a súa composición sea acorde cun espazo de especial interese histórico e paisaxístico como é a Alameda e todos os xardíns das Palmeiras, que reciben, ademais, unha grande afluencia de público.
O departamento seguiu varios criterios á hora de axardinar estes espazos: colocación de plantas perennes con certa resistencia ao sol dado que se trata dun espazo exposto; con variedade cromática, buscando especialmente, encher de cor este ámbito durante a primavera, verán e parte do outono; e escollendo especies que supoñan un tratamento menos custoso que o actual.
Os traballos comezaron pola limpeza de cada un dos parterres retirando elementos de formigón instalados neles e que dificultaban o crecemento dalgunhas das plantas, tanto as anteriores como as novas que se van plantando.
A segunda parte do traballo complétase coa propia plantación.