Mar de Lumes preséntase en Pontevedra
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Este venres 3 de maio, presentouse Mar de Lumes, o Comité Galego de Solidariedade Internacionalista, que celebrou o seu primeiro acto público na cidade de Pontevedra.
Un acto simbólico que procuraba apenas presentar a iniciativa solidaria da organización, e chamar a atención "para o modo como os direitos colectivos de autodeterminación e de exercicio da soberanía nacional son violados non só no caso galego, como tamén no caso doutros pobos do mundo, aquí representados através das bandeiras despregadas por membros e simpatizantes da organización".