Un detido por roubar nun coche aparcado na rúa Xoan Manoel Pintos
Por Redacción
Axentes da Policía Nacional adscritos á Comisaría Provincial de Pontevedra procederon á identificación e detención dun home veciño da Coruña, de 42 anos de idade, con antecedentes policiais, como presunto autor dun delito de roubo con forza no interior de vehículo.
Os feitos sucederon o pasado día 30 de abril cando presentaba denuncia en dependencias policiais o propietario dun vehículo estacionado nas inmediaciones da rúa Xoan Manoel Pintos en cuxo interior, tras forzar a porta do condutor, substraeran a radio, varios CDs e un gato de vehículo grande.
A raíz da denuncia iniciáronse as investigacións para tratar de pescudar a identidade do presunto autor do roubo con forza que deu como resultado a identificación e localización do mozo arriba apuntado o día 2 de maio ás 14.15 horas.
Por todo iso os axentes procederon á detención do individuo por un presunto roubo con forza.