Unha muller resulta ferida ao quedar atrapada na súa furgoneta en Adina
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Unha muller resultou ferida e tivo que ser trasladada por unha ambulancia do 061 al verse implicada nun accidente de circulación na estrada de Adina, en Sanxenxo.
Segundo informou o Servizo Local de Emerxencias de Sanxenxo, no sinistro viuse implicado un único vehículo, unha furgoneta, e a súa condutora quedou atrapada e tivo que ser excarcerada.
O sinistro produciuse sobre as 12.20 horas deste venres e, segundo Emerxencias de Sanxenxo, as feridas non revisten maior gravidade.
Por motivos que se descoñecen, saíuse da vía e a furgoneta quedou encaixada nun terreo, ao lado dun poste de electricidade.