Vaipolorío retira as trampas de vespa asiática
Por Oskar Viéitez
A Asociación Vaipolorío retirou este luns as trampas de avespa asiática ou vespa velutina instaladas no río Gafos despois de dous meses experimentais para capturar as raíñas que segundo os expertos son as que convén apresar antes ou mentres fan os niños primarios.
O número de velutinas atrapadas foi bastante significativo cun total de 27 exemplares. Os membros de Vaipolorío detectaron un detrimento das capturas a medida que avanzaba a primavera, un resultado inversamente proporcional á floración das plantas. É dicir a máis floración menos capturas en trampas.
Ao mesmo tempo empezaron a caer nas trampas outras especies de himenópteros, dípteros e lepidópteros que non tiñan previsto recoller, aínda que fóra de maneira puntual. Entre outras especies comezaron a aparecer vespa crabro ou véspula germánica.
Si ben nos meses de marzo, abril e primeiros de maio case caían exclusivamente avispas asiáticas, a presenza destoutras especies fixo que o colectivo ambientalista tomase a decisión de suspender este traballo de monitoraxe biolóxica. Agora quédalles o calendario de capturas, e outros datos estatísticos para determinar un seguimento futuro de control de especies invasoras.
Cabe sinalar a importancia de distinguir morfoloxicamente as raíñas, zánganos e obreiras para poder coñecer mellor a especie.