Un traballador resulta ferido ao precipitarse dende unha altura de 4 metros no Porto de Marín
Por Redacción
Un traballador precipitouse do tellado da nave da empresa Safricope minutos antes das 4 desta tarde. Segundo datos da Policía local de Marín, descoñécense as causas do accidente que provocou a caida dende máis de catro metros de altura.
Segundo o Servizo de emerxencias ata o lugar trasladouse unha UVI móbil, axentes da Policía local e da Policía nacional e membros de Protección civil de Marín.
A ambulancia trasladou o home que presentaba feridas de gravidade ata o Hospital de Montecelo.