Resbala mentres descarga un camión no Porto de Marín e desprázaselle a rótula
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Un mozo de 22 anos resultou ferido arredor das 10.20 horas nun accidente laboral rexistrado no Porto de Marin. O traballador, de nacionaliad uruguaia, pero residencia española, sufriu o desprazamento da rótula.
Fontes da Policía Nacional indicaron que o accidente se produciu na empresa Galfrio. Ao parecer, o traballador estaba decargando un camión frigorífico cando esvarou e, a consecuencia da caída, se lle saíu a rótula do sitio.
O home foi trasladado ao Hospital Domínguez por unha ambulancia asistencia do Urxencias Médicas de Galicia-061 para recibir a necesaria asistencia sanitaria.
Segundo informou o Centro de Atención de Emerxencias de Galicia-112, o aviso do sinistro laboral o deu o 061 e, a raíz da alerta, mobilizaron á zona á Policía Nacional e a Autoridade Portuaria.