Un pescador resulta ferido ao cravarse un arpón na praia de Mourisca
Por Redacción
Un particular alertaba pasado o mediodía deste domingo ao 112 Galicia para solicitar axuda a un pescador na praia de Mourisca, preto do Cabo Udra, no municipio de Bueu. O home que se atopaba practicando a pesca con arpón causouse lesións de consideración nunha perna.
O home cravárase de maneira accidental o instrumento de pesca que utilizaba. A vítima lograba saír polos seus propios medios da auga, aínda que presentaba feridas importantes na perna.
Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias do 112 alertouse aos profesionais das 061-Urxencias Sanitarias, que se desprazaron ata o lugar para atender e evacuar ao ferido.