Marín ten alma de hip hop
Por Redacción & Diego Torrado
Bo ambiente nas bancadas e na pista de baile. O Marín Hip Hop Weekend contaxiou de espírito rueiro o pavillón marinese da Raña.
Alí reuníronse participantes de numerosas partes da xeografía nacional para competir na II Competición de Danza Urbana.
O evento celebrouse durante toda a fin de semana na vila.
Xuíces internacionais, xaponeses e británicos, deron nivel a unha proba que nos seus dous anos de vida conseguiu converterse nun referente no seu estilo.