Os mozos empresarios de AJE póñense baixo a capa do Súperheroe das Pymes
Por Redacción
"No es una crisis. Es un cambio estructural". Con estas palabras, o coach empresarial Fernando Sánchez Salinero intentará convencer os novos empresarios pontevedreses de que estamos nunha época de cambios e hai que aproveitalos para poder sobrevivir ao longo deste século.
Este profesional é un consultor estratéxico especializado na construción e desenvolvemento de proxectos. Ademais, está considerado como o Súperheroe de las Pymes xa que formou numerosos equipos comerciais e ofrecido seminarios e talleres de aprendizaxe de directivos, empresarios e equipos de venda.
Sánchez Salinero é autor dos libros La Casa al revés e ¿Por qué fracasan las empresas? En ambos os dous traballos ofrece instrucións para converter pequenos negocios e as ideas modestas en grandes proxectos.
Outro libro, o que dá nome a esta conferencia No es una crisis. Es un cambio estructural, céntrase en analizar a situación actual e chega á conclusión de que non se trata dunha crise senón ante un cambio na forma de organizar a economía, os negocios e a sociedade.
Esta conferencia-taller organizada por AJE desenvolverase este xoves 2 de maio no Hotel Galicia Palace ás 7:30 da tarde. A entrada é libre pero resulta necesario inscribirse en info@ajepontevedra.com ou chamando ao 986.862.550.