Nove 'maios' participarán este ano no tradicional concurso do 1 de maio
Por Redacción
Nove foron as asociacións e colectivos que se presentaron ao Concurso dos Maios deste ano, logo do peche da inscrición no Rexistro Municipal. A Concellaría de Festas xa ten todo ultimado para esta tradicional celebración que comezará o mércores 1 de maio ás 11.30 horas na Praza da Ferraría coa Benvida ao Maio a cargo da poetisa Rosalía Fernández Rial.
Os maios participantes son os seguintes (a orde de intervención determinarase por sorteo antes do inicio do concurso):
- Maio d´Paredes
- Asociación Cultural Deportiva Campañó
- Maio de San Xulián
- Maio da Asociación Recreativa de Xeve
- Maio do CEIP Froebel
- Maio do CEIP San Miguel de Marcón
- Maio Viaxeiro de Cabanas
- Maio CEIP Campolongo
- Maio Marcos da Portela
En total, esta nova edición do Concurso dos Maios, que estará amenizado polo grupo de música tradicional 'Pola Vila', repartirá 4.000 euros en premios.